A Asociación Párkinson Galicia-Coruña inicia as obras da nova sede no seu 30 aniversario

A entidade Párkinson Galicia-Coruña celebra 30 anos de labor ininterrompida mellorando a a calidade de vida das persoas que teñen parkinson, párkinsonismos e as súas familias, “que son o corazón e a razón de ser da nosa asociación”, destacan dende a entidade. Para conmemorar o aniversario, organizou un acto no que se presentou o unicio das obras que van a acoller a nova sede en A Coruña.

O encontro celebrouse en Espacio Coruña, onde se situarán as futuras instalacións, e reuniu membros da xunta directiva, familias, persoas participantes nos servizos, profesionais da entidade e representantes das administracións públicas, do tecido empresarial e do movemento asociativo.

A apertura do acto contou coas intervencións da directora da Asociación Párkinson Galicia-Coruña, Mila Oreiro; do presidente da asociación, Antonio Ferreiro; da directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón; e a concelleira de Medio Ambiente e deputada provincial Yoya Neira.

A construción desta nova sede é posible coa achega de 692.350 euros da empresa téxtil Inditex, procedentes da recadación da última edición do mercado solidario de Nadal dirixido ao persoal da compañía.

As novas instalación contarán cunha superficie de 736 metros cadrados, o que permitirá  duplicar a capacidade de atención da entidade e incorporar servizos novos como terapia ocupacional e a creación dunha unidade de atención diúrna. Un avance que contribuirá a ampliar os recursos dispoñibles para as persoas con párkinson e as súas familias.

Galería de imaxes

Todas