A Federación COGAMI Pontevedra inicia o programa de deporte inclusivo `Ponte en forma´

A Federación COGAMI Pontevedra inicia o programa de deporte inclusivo `Ponte en forma´

A Federación COGAMI Pontevedra inicia o programa `Ponte en forma´, unha iniciativa de deporte inclusivo no que participan máis de cen persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Monteporreiro e tamén da asociación Amizade, ámbolos dous de Pontevedra.

Tras contar coa colaboración de Ence a través do Plan Social Pontevedra cunha axuda económica de 12.000 euros, este programa iniciou coa actividade de padel adaptado á que se lle sumou a de natación que se desenvolve na piscina de Campolongo.

A través deste proxecto, a Federación COGAMI Pontevedra e Ence pretenden mellorar a calidade de vida a un mínimo de cen persoas a través da práctica do deporte, co fin de favorecer a súa autonomía persoal e impulsar a práctica do deporte como beneficio físico e mental. Como se vai desenvolver durante este ano e o que vén, están programadas para 2024 outras actividades como o futbolín, baloncesto andainas por sendas e rutas da zona.

Ponte en forma pretende achegar o deporte a todas as persoas, facendo que a súa práctica sexa adaptada e inclusiva ao favorecer a oportunidade de poder ser practicados por quen queira.

Galería de imaxes