A Xunta apoia o servizo de orientación laboral que COGAMI ten en Lugo cunha subvención de 121.000 euros

A Xunta apoia o servizo de orientación laboral que COGAMI ten en Lugo cunha subvención de 121.000 euros

As instalacións que COGAMI ten en Lugo recibiron a visita do delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, quen foi recibido polo presidente da Federación provincial de COGAMI, José Luis Lolo. Neste encontro Arias reafirmou o apoio da institución autonómica ao servizo de Emprego da nosa Organización, tras confirmar a subvención de preto de 121.000 euros para financiar durante un ano os contratos de catro orientadores e orientadoras laborais.

Esta acción permitirá que COGAMI continúe co seu compromiso de inclusión laboral das persoas con discapacidade da provincia de Lugo, pola mellora da empregabilidade e das posibilidades de ocupación das persoas que demandan emprego, realizando diagnoses personalizadas, proporcionando información sobre o mercado laboral e deseñando itinerarios adaptados ás necesidades de cada persoa usuaria do servizo.

O Delegado Territorial destacou a importancia de iniciativas como a de COGAMI, porque contribúen á modernización dos servizos de emprego e á mellora da empregabilidade, especialmente daquelas persoas en situación de vulnerabilidade. Con esta subvención, COGAMI reforza o seu papel como entidade referente na provincia de Lugo, demostrando unha vez máis o seu compromiso coa inclusión laboral das persoas con discapacidade.