Aberto o prazo de inscrición para asistir á xornada sobre acoso escolar no alumnado con discapacidade

Aberto o prazo de inscrición para asistir á xornada sobre acoso escolar no alumnado con discapacidade

Tralo éxito acadado na anterior edición, a Fundación María José Jove e COGAMI volven organizar para o 25 de abril “Aprendendo a incluír. II Xornada Discapacidade: acoso escolar e condutas aditivas” para sensibilizar, dende unha perspectiva práctica, sobre a realidade da inclusión no ámbito educativo.

A xornada, que  combinará a visión de testemuñas coas de profesionais do ámbito clínico, educativo e familiar, constará de dúas partes: a primeira consistirá nunha sesión matinal pechada a centros educativos e a outra, en horario de tarde, estará aberta a todas aquelas persoas que se consideren educadoras, no sentido máis amplo da palabra (profesorado  en calquera disciplina, familias e público en xeral).

A entrada é gratuíta pero é necesario realizar unha inscrición previa na páxina web da Fundación María José Jove www.fundacionmariajosejove.org

 

Na sesión matinal participará alumnado de 2º ESO do IES Agra do Orzán (2º ESO: alumnado 84) e de 3º ESO do CPR Escravas do Sagrado Corazón e traballarase con actividades de sensibilización en torno ao acoso escolar, promovendo a prevención de condutas aditivas e concienciando sobre o illamento que sofre gran parte de menores con discapacidade nas escolas.

Na sesión da tarde, aberta ao público e en horario de 17:30 a 19 horas, abordarase o acoso escolar en alumnado con discapacidade e condutas aditivas dende unha perspectiva clínica, coa visión de Mª José Lamas, psicóloga sanitaria de ADAFAD e dende unha perspectiva educativa e familiar mediante a intervención de Beatriz Noguerol, nai dun menor con Asperger e docente.