ACADAR pon en marcha o proxecto “VIO 9: Ver para erradicar” en centros educativos de Galicia

ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, desenvolverá ao longo do ano 2026 unha nova edición do proxecto “VIO 9: Ver para erradicar”, dirixido ao alumnado de diferentes niveis educativos das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, contando co apoio das tres deputacións provincias: Deputación da Coruña, da Deputación de Lugo e da Deputación de Pontevedra.

Os primeiros centros de ensino nos que se iniciou  este programa son no Centro Público Integrado Antonio Orza Couto de Boqueixón  e no IES de Guitiriz, en Lugo, dirixidos a alumnado de 2º da ESO.

O proxecto xorde da necesidade de sensibilizar á sociedade, e especialmente á mocidade e ás futuras persoas profesionais, sobre a discapacidade, a igualdade e a prevención da violencia, con especial atención á violencia de xénero e á violencia dixital.

O seu obxectivo principal é sensibilizar, detectar e contribuír á erradicación das distintas formas de violencia cara ás mulleres e nenas con discapacidade. Ademais, busca dotar ao alumnado de ferramentas para a detección e prevención, modificar os estereotipos existentes sobre a discapacidade, promover a igualdade de trato entre todas as persoas e impulsar o uso dunha linguaxe inclusiva.

As sesións formativas desenvólvense de maneira presencial nos centros educativos, en grupos reducidos de ata 25 persoas, estruturadas en tres sesións por grupo. A metodoloxía é dinámica, interactiva e participativa, fomentando o debate, a reflexión crítica e a implicación activa do alumnado

Galería de imaxes

Todas