Un total de 12 persoas usuarias e familiares da asociación Alcer Ourense asistiron a unha formación sobre estratexias para previr a dependencia nas actividades da vida diaria realizada na aula Rosa Prol do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Impartida pola terapeuta ocupacional especializada en enfermidade renal crónica, algúns dos contidos abordados foron estratexias para previr as principais dificultades que manifestan as persoas con enfermidade renal crónica que son atendidas pola entidade, tales como cansazo físico, dificultades para o aseo, vestido, a toma de medicación e a mobilidade.
A formación centrouse tamén na prevención da caídas e accidentes domésticos derivados das patoloxías que presenta este colectivo, na abordaxe de fundamentos básicos de accesibilidade no fogar, na presentación de estratexias para mellorar a independencia nas actividades cotiás e na presentación de produtos de apoio como ferramentas para compensar as limitacións funcionais presentes nesas actividades da vida diaria.
Alcer Ourense ofrece estratexias para previr a dependencia nas actividades da vida diaria
A este obradoiro asistiron tanto persoas asociadas á entidade como con enfermidade renal crónica e familiares.