Alta participación na xornada formativa de contabilidade e fiscalidade dirixida ás asociacións membro de COGAMI

Alta participación na xornada formativa de contabilidade e fiscalidade dirixida ás asociacións membro de COGAMI

No contexto do Plan de Acción do Plan Operativo 2024, COGAMI levou a cabo unha xornada de formación sobre contabilidade e fiscalidade dirixida ás súas asociacións membro. Impartida por Vicky Cruz, responsable de contabilidade das asociacións de COGAMI, a xornada destacou pola súa ampla participación, cunha duración ampliada a tres horas debido ao elevado interese e a cantidade de temas a tratar. As entidades involucradas mostraron unha participación moi activa, o que reforzou o éxito do evento.

Durante a xornada, cubríronse temas fundamentais como as normativas fiscais vixentes, a presentación de modelos e leis actualizadas, entre outros aspectos cruciais para a xestión financeira das asociacións. Como complemento á formación, púxose a disposición de todas as entidades participantes contido documental sobre as leis, modelos e información tratada.

Foron trinta as entidades que participaron na formación, entre as que se atopan: ACCU Ourense, Adapta, Agadhemo, Agora, Acadar, Adisbismur, ASEM Galicia, Asotrame, Amarai, Misela, AGFQ, AGL, Parkinson Galicia, ConArtritis, Íntegro, Affou, Vontade, Alcer Coruña, Federación COGAMI Pontevedra, Discafis, Asdifica, Aspamite, Federación COGAMI Lugo, Avante, Aspanemi, ACEM Santiago, ACCU Vigo, Agapa e A Mariña COGAMI.

Esta xornada é un reflexo do compromiso de COGAMI por mellorar a formación e o apoio ás asociacións no cumprimento das súas obrigas legais e fiscais, garantindo unha xestión máis eficaz e transparente.

Para mellorar futuras edicións, COGAMI tamén solicitou a opinión das asociacións a través dunha enquisa de satisfacción, coa que se pretende recoller suxestións ou posibles melloras.