Encontro entre Anxo Queiruga e as persoas usuarias do Programa Integral de Actuacións para a Promoción Persoal e a Inclusión Social das Persoas con Discapacidade que COGAMI desenvolve nas instalacións do CEGADI.
Nesta xuntanza, as persoas participantes chegaron ao programa procedentes da Unidade de Lesións Medulares de A Coruña onde ingresaron neste último ano. Teñen moi recente a súa lesión medular, algunhas delas dende hai tres meses, por iso lles asaltan moitas dúbidas sobre como poder adaptarse a este nova situación que teñen que superar.
O grupo aproveitou a oportunidade de estar na compaña do Presidente de COGAMI para trasladarlle cuestións de interese común como a compra dun coche adaptado, como poder facer viaxes inclusivos, como desenvolver a vida con normalidade.
Non é a primeira vez que se realizan este tipo de contacto entre persoas usuarias do servizo e máis Anxo Queiruga, unha maneira de poder colaborar trasladando información de primeira man sobre como solucionar todas as dúbidas que poidan ir xurdindo. A experiencia persoal contada polo propio Anxo serviulles como motivación para traballar nas súas propias autonomías.