Autoridades, fundacións e empresas acompañaron a COGAMI na súa gala do 35 aniversario

A gala do 35 aniversario de COGAMI contou coa asistencia de destacadas autoridades da política galega e nacional, que quixeron acompañar á Organización nesta celebración. Entre eles estiveron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a conselleira de Política Social, Fabiola García; e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañados de secretarias e secretarios xerais e directoras e diirectores xerais de diferentes consellerías da Xunta de Galicia.

Tamén estiveron presentes representantes dos grupos parlamentarios galegos, como Ana Pontón, voceira nacional do BNG; Paula Prado del Río, secretaria xeral do PP de Galicia; Mar García, deputada de Política Social da Deputación da Coruña; Julio Abalde, subdelegado do Goberno en A Coruña; Olalla Rodil, vicevoceira primeira e responsable da Área de Política Social, Igualdade e Ciencia; Óscar Insua Lema, deputado do BNG; Lara Méndez López, vicevoceira do Grupo Parlamentario Socialista e secretaria de organización do PSdeG-PSOE; Silvia Longueira, deputada e voceira en Política Social do Grupo Parlamentario Socialista; e Raquel Arias, do Grupo Parlamentario Popular de Galicia. Dende Madrid tamén se sumaron á celebración os deputados María Adrio Taracido e Rafael Rodríguez Villarino.

O evento contou ademais coa presenza de numerosos rexedores de diferentes municipios galegos, entre os que se atopan os alcaldes/ alcaldesas, tenentes de alcalde e de alcaldesa, así como concelleiros e concelleiras municipais dende Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fene, Ferrol, Fisterra, Frades, Laxe, Lobeira, Malpica, Mazaricos, Mesía, Mos, Muros, Muxía, Narón, O Porriño, Ordes, Ortigueira, Outes, Poio, Ponteareas, Ponteceso, Porto do Son, Ribadeo, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela, Santa Comba, Silleda, Tomiño, Val do Dubra, Vimianzo e Zas, mostrando o amplo apoio das administracións locais ao labor de COGAMI no ámbito da discapacidade e a inclusión social.

A gala do 35 aniversario de COGAMI contou tamén cunha ampla representación de institucións e entidades sociais e empresariais que quixeron acompañar á Organización nesta conmemoración.

Tamén nos acompañaron representantes de organismos e institucións sociais e académicas, como Ana María Pereiro (UXT), Roberto García (Unións Agrarias), Ana Isabel Ares (Vicerreitora do Campus de Ferrol), Pilar Murias (USC), Breogán Riobóo (Universidade de Vigo), profesoras de Pedagoxía e representantes de Colexios de Traballadores e Educadores Sociais. Entre os profesionais do ámbito sanitario e de seguridade, destacaron o doutor Antonio Rodríguez Sotillo, Francisco Antonio Torres (Garda Civil), Jorge Manuel Rubal (Policía Autonómica) e Carlos José Temprano (Policía Nacional) e Francisco Jesús Baamonde (Policía Local).

O evento contou cunha ampla representación do Terceiro Sector e fundacións, como directivos de COCEMFE, Fundación ONCE, FEACEM, CEGASAL, EAPN Galicia, FADEMGA Plena Inclusión, FEAFES Galicia, Down Galicia, FAXPG, ACOPROS, AUTISMO Galicia, Dano Cerebral Galicia, FAGAL, AMICA, Proxecto Home Galicia, Igaxes, Inserta Empleo e a Asociación Española contra el Cáncer, así como representantes de fundacións como la Caixa, DKV Integralia, ENKI, Solidaridad Carrefour, Roberto Rivas, Fundación Secretariado Gitano e Fundación Meniños.

A representación de entidades bancarias incluíu ao Banco Sabadell, BBVA, Caixabank e Banco Santander, mentres que o sector empresarial contou con presenza da Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (ASIME); Federación Gallega de Construcción; Consorcio das Mariñas; Algalia; intheMOVE; Jano Arquitectura; Impervelper S.L.; Comercial IFEGA; Industrial Recense; Autocares Meijide; Máis Porvir; Vegalsa; Grupo Academia Postal; Autocares Rías Baixas; Gestión Plus Servicios Integrales a Empresa; Ibsersys; Sihaho; Dismac; Madeiras Ramos Moreira; Pedra Santa; Ypgal S.L.; Ilunion; Arroupa; Plaintec; Marca Franca; GSI Suministros; Cluster de Turismo; Sivenvi; Luckia; Excavacións Midón; Amoralia; Grupo Puentes; Janssen; Transxtar; Plexus; Quirunet; Aristeia abogados; Galaura Universe; Ocahotels; AEIGA e AGACA.

Galería de imaxes

Todas