COGAMI, Agadea e Apacaf únense para sensibilizar sobre a importancia de marcar a X Solidaria na declaración da renda

Co inicio da campaña da declaración da renda, as entidades sociais fan un chamamento para que o financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF continúe crecendo e así posibilite que as ONG poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas.

Persoas usuarias e profesionais del centro de Medelo de COGAMI e de las entidades Agadea e Apacaf concentráronse na praza Martínez Anido da Estrada onde leron un manifesto e fixeron fotos grupais co lema dacampaña deste ano que é #EquipoXSolidaria.

Durante 2023, a campaña recadou en Galicia 24.029.488 €, grazas a que 775.395 persoas (o 54,5% do total de contribuíntes) marcaron o X Solidario na súa Declaración, o que supón unha recadación de 30’99 € por persoa. Foron 24.528 persoas máis que en 2022, o que permitiu recadar 2.638.195 € máis.  Aínda así, 647.628 contribuíntes seguen sen marcar o X Solidario (530.187 non marcaron ningún recadro e 117.441 só marcaron o da Igrexa).  Se todos os galegos e galegas marcasen o X Solidario, a asignación final en Galicia sería de 39. 461 392 Euros (15.431.905 € máis).

Galería de imaxes

Todas