O Concello de Ponteareas é o primeiro municipio galego que adxudica a prestación de este servizo de atención temperá a través da figura do concerto social. E faino con COGAMI, entidade que ten como principio a inclusión social das persoas con discapacidade. A alcaldesa, Nava Castro, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, na presenza da concelleira de Benestar Social, Raquel Plana, e o responsable dos servizos de atención temperá en COGAMI, Álvaro García, asinaron o documento que formaliza o concerto social e que permitirá a súa xestión á Confederación.
Que este servizo sexa xestionado a través do concerto social implica que ten que ser unha entidade de carácter social, sen ánimo de lucro a que o leve a cabo, onde vai ser prioritario a atención especializada ás nenas e nenos que teñen un trastorno no desenvolvemento ou unha discapacidade recoñecida, tendo en consideración á familia e a súa contorna de interacción.
A través deste servizo de atención temperá vaise manter unha relación estreita coa familia para que coñeza e comprenda a realidade da súa filla ou fillo con trastornos de desenvolvemento, as súas capacidades e as súas limitacións, de maneira que poida actuar como axente potenciador do desenvolvemento, adecuando o entorno as súas necesidades e facilitando a súa inclusión no contexto no que vive. Pretendese ademais que esta organización que presta servizos de autonomía persoal e emprego ás persoas con discapacidade poida servir tamén de apoio unha vez cumpridos os seis anos.
Este concerto terá unha vixencia ata o 31 de outubro de 2024, con posibilidade de prórrogas ata un máximo de catro anos. Coa posta en marcha de este servizo de atención temperá de Ponteareas, actualmente COGAMI xestiona un total de cinco que, sendo estes na Mancomunidade do Baixo Miño e dos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Sada, Mos ademais deste de Ponteareas.