A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten aberto o prazo para inscribirse no curso de Auxiliar de Produtos Frescos, dirixido exclusivamente a persoas con certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral que estean interesadas en formarse e mellorar a súa empregabilidade no sector da alimentación.
O curso desenvolverase en Pontevedra, en horario de tarde, a partir do 8 de setembro, e contará cun total de 185 horas de duración, das cales 100 serán prácticas en empresa. O obxectivo é capacitar ás persoas participantes para traballar en seccións como carnicería, charcutería, peixaría e froitaría.
Durante a formación, o alumnado aprenderá competencias prácticas como despachar ao público, montar un mostrador, realizar pedidos, implantar ofertas e aplicar controis de seguridade e hixiene alimentaria.
Esta formación, que conta coa colaboración de supermercados Froiz, forma parte do programa Máis Emprego que confinancian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus, co fin de capacitar á persoa para a inserción sociolaboral.
Para máis información, pódese contactar no teléfono 986 863 709 ou no correo electrónico silpontevedra@cogami.gal.