Máis de cincuenta funcionarios e funcionarias da Xunta de Galicia asistiron a unha formación impartida por COGAMI na que se tratou sobre a accesibilidade nos espazos públicos urbanizados. Antes de entrar nesta materia, tratáronse conceptos básicos da discapacidade, a definición por parte da OMS, as súas tipoloxías, contextualización histórica e cultural e tamén sobre a boa actitude e boas prácticas ante unha persoa con discapacidade, recollendo exemplos de casos prácticos.
A continuación, entrouse de cheo en materia de accesibilidade, onde se explicou o que é o deseño universal, aquelas problemáticas que atopa unha persoa con discapacidade nos espazos públicos urbanizados como no tránsito por pasos de peóns, ramplas, escaleiras e mesmo aseos ás que aportou solucións.
A xornada rematou coa exposición de casos reais de obras realizadas a través de AXI, a Axencia Galega de Infraestruturas, organismos do que o seu director, Francisco Menéndez, foi o encargado de inaugurar esta formación.