COGAMI imparte charlas de sensibilización sobre discapacidade no Colexio Plurilingüe Salesianos de Ourense

Xornada de sensibilización no Colexio Plurilingüe Salesianos de Ourense. A área de Promoción da Autonomía Persoal impartiu charlas de sensibilización e concienciación sobre a discapacidade dirixidas ao alumnado de 6º de Primaria, que participou en tres grupos diferentes. En total, foron 75 as nenas e nenos que tomaron parte nesta actividade, deseñada para fomentar a empatía, o respecto e a inclusión.

Durante a sesión realizáronse diversas dinámicas participativas e contouse coa colaboración de tres persoas voluntarias con diferentes tipos de discapacidade, que compartiron a súa experiencia e testemuños persoais sobre como é convivir coa discapacidade no día a día.

As persoas voluntarias que participaron foron José Antonio Ramos Alonso, Manuela Fernández Iglesias e Sugey Patricia Prado Torres. A través das súas intervencións, o alumnado puido coñecer de primeira man os retos aos que se enfrontan as persoas con discapacidade en aspectos como a autonomía persoal, o acceso ao emprego ou a eliminación de barreiras sociais e arquitectónicas.

Esta iniciativa busca promover unha mirada máis inclusiva entre a infancia, poñendo en valor a diversidade e a igualdade de oportunidades para todas as persoas e rachar cos falsos mitos e crenzas.

Galería de imaxes

Todas