O salón de plenos do Concello de Sada acolleu unha charla informativa de COGAMI na que se informaba á veciñanza sobre os recursos e programas que existen para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e familias.
A charla foi impartida pola orientadora laboral da área de Emprego de COGAMI, Yolanda Grandal, quen estivo acompañada da técnica en Educación de COCEMFE, Chus Bello. Estas dúas profesionais informaron ás nove persoas que asistiron sobre os requisitos, trámites e recursos existentes actualmente.
Entre os contidos abordados na charla explicáronse os tipos de discapacidade que hai, os conceptos básicos que diferencian a discapacidade da incapacidade laboral para profesión habitual e tamén explicouse a diferenza que existe coa dependencia.
Outros dos temas abordados nesta charla foron os recursos sociolaborais e eduactivos aos que se pode optar hoxe en día na mellora da calidade de vida e autonomía persoal.