COGAMI inicia curso de alfabetización dixital no que se forman persoas con discapacidade de Ferrolterra

 Descarga a nota en word

Nunha sociedade cada vez más dixitalizada, na que a Intelixencia Artificial chegou para quedar, en COGAMI estase a traballar para que as persoas con discapacidade non queden atrás. Por iso, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade puxo en marcha un curso de Alfabetización Dixital nas súas instalacións de Ferrol (rúa Sánchez Calviño, nº 56-58).

Esta formación, enmarcada no proxecto Atención educativa de persoas con discapacidade adultas que presentan necesidades educativas específicas, conta co financiamento do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través de COCEMFE, dentro da convocatoria 2024-25.

Cunha duración de 60 horas lectivas en horario de tarde, de16:00 a 21:00 horas, seis homes e tres mulleres dos concellos de Ferrol, Narón e Neda están a adquirir competencias que lles facilitarán o acceso ao mercado laboral e mellorarán as súas habilidades no uso de ferramentas dixitais para a vida cotiá.

Últimas prazas para o curso de técnico de limpeza

COGAMI ten previsto iniciar o 17 de marzo, en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 horas), un curso de Persoal Técnico de Limpeza. Consta de 125 horas lectivas, das que 50 serán prácticas en empresas.

Esta formación enmárcase no programa Máis Emprego, financiado pola Fundación ”la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus no marco de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027. O seu obxectivo é promover a igualdade de oportunidades, a participación activa e a mellora da empregabilidade, facilitando a inclusión laboral a través de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral.

O curso impartirase nas oficinas de COGAMI en Ferrol e está dirixido a persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a súa profesión habitual. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou inscribirse a través do correo silferrol@cogami.gal ou chamando ao 981 325 568.

Galería de imaxes

Todas