COGAMI iniciou un curso de Alfabetización dixital nas instalacións da aula do Auditorio Municipal do Concello de O Carballiño. Ao longo deste mes, 8 persoas, 3 homes e 5 mulleres, van a aprender a utilizar ferramentas que lles van permitir realizar xestións coas diferentes administracións, ademais de aprender a utilizar o comercio electrónico e mesmo buscar emprego a través das plataformas especializadas.
Esta formación, financiada dentro das actuacións dirixidas á atención de persoas con discapacidade adultas con NEE 2023-24 polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes a través de COCEMFE, entidade a nivel nacional da que forma parte COGAMI, terá unha duración de 60 horas impartidas en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Para poder acceder a esta formación, foi imprescindible que o alumnado, procedente dos concellos de O Carballiño, Ribadavia, O Irixo, Cenlle e Maside, tivera en posesión o certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral para a profesión habitual.
No curso abordaranse varios módulos, centrándose na navegación por internet e manexo do correo electrónico, a utilización do procesador de textos e a folla de cálculo. Consistirá en aprender o uso básico e na adquisición de habilidades dixitais que sirvan para poder acadar canto antes a inserción no mundo laboral.