COGAMI inicia curso en Santiago no que se forman quince persoas con discapacidade como administrativas

COGAMI inicia curso en Santiago no que se forman quince persoas con discapacidade como administrativas

As instalacións que ten COGAMI en Santiago (rúa Modesto Brocos, nº7, baixo) acollen un curso de formación no que un total de catorce persoas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, estanse a formar na materia de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.

Esta formación, cunha duración de 448 horas lectivas, consta de contidos teóricos que se imparten de xeito presencial en horario de 9 a 14 horas, e tamén de prácticas profesionais en empresas da contorna, cunha duración de 40 horas, onde o alumnado terá a oportunidade de aportar os coñecementos adquiridos desenvolvéndose nun posto de traballo.

Este curso de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais corresponde ao Plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2024, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Dirixido a persoas desempregadas, o curso iniciou con 14 persoas, 9 mulleres e 5 homes, procedentes dos concellos de Santiago, Brión, Mesía, Ordes, Oroso e Teo, e con idades comprendidas entre os 24 e os 56 anos.

Este alumnado terá que formarse en materias como técnicas administrativas básicas de oficina, operacións básicas de comunicación, reprodución e arquivo, ademais das prácticas profesionais non laborais.

Tralo remate das prácticas, o alumnado terá que realizar uns módulos sobre a inserción laboral, sensibilización medioambiental, ademais de en igualdade de xénero e formación para a igualdade. Ao finalizar, recibirán un diploma acreditativo.

Galería de imaxes