COGAMI participa na xornada Trazando camiños sobre inclusión sociolaboral

COGAMI participa na xornada Trazando camiños sobre inclusión sociolaboral

Trazando camiños é un espazo de reflexión e posta en común de experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con dano cerebral.

A asociación Sarela de dano cerebral organizou en Santiago unhas xornadas para falar sobre oportunidades e aprendizaxes arredor da orientación laboral á que asistiu a orientadora laboral Pilar Míguez da área de Emprego de COGAMI.

Pilar Míguez participou nunha das mesas redondas organizadas na xornada sobre percorridos realizados polo terceiro sector na inclusión de colectivos con dificultades de inserción. Ademais de COGAMI, outras das entidades participantes foron FADEMGA Plena Inclusión Galicia, EAPN Galicia, FEAFES Galicia, Inserta Emprego de Fundación ONCE e Asociación Plataforma polo Emprego.

Nesta espazo para a reflexión, todas as entidades expuxeron a súa experiencia  no ámbito da inclusión social e laboral das persoas con discapacidade, na que dende COGAMI falouse do servizo de emprego especializadona atención de persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual e tamén sobre as oportunidades laborais que ofertan as empresas de economía social de COGAMI Empresarial e os sectores nos que operan.

Galería de imaxes