COGAMI pon en marcha unha nova edición de Lecer Náutico no RCN de Sanxenxo

COGAMI pon en marcha unha nova edición de Lecer Náutico, un programa de respiro familiar que fai posible que as persoas con discapacidade aprendan a navegar a vela a través do RCN de Sanxenxo.

Este ano participan neste programa un total de 79 persoas usuarias de entidades e centros que forman parte de COGAMI, como ACEM Coruña, MISELA, ALGARIA,  AIXIÑA, ÁMBAR, AMARAI e os centros de atención diúrna de Mos, Medelo (Silleda) e Monteporreiro (Pontevedra).

Durante cinco días, as persoas usuarias destas entidades e centros convivirán en Sanxenxo, nas instalacións da residencia adaptada que ten a entidade AIXIÑA nesta vila. As  mañás, en horario de 10 a 14 horas, van estar destinadas a aprender o manexo das embarcacións a vela lixeira, cunhas clases de 20 horas de duración en total. As tardes dedicaranas a realizar actividades de lecer como ir á praia, pasear ou asistir a eventos culturais, segundo organice cada entidade.

Lecer Náutico

O programa de Lecer Náutico, que iniciou en 2013, conta con grande aceptación por parte das persoas participantes de COGAMI. Este proxecto permite tanto achegar o deporte de vela a persoas con discapacidade como ofrecer uns días de respiro familiar, tanto para elas como para as súas familias.

Cada persoa que participa neste programa estará durante unha estadía de cinco días de vacacións na vila de Sanxenxo, onde poderán ter acceso a actividades inclusivas, nas que poden participar todas as persoas.

Cada persoa participante gozará dunha estadía de cinco días de vacacións na vila de Sanxenxo, onde poderá acceder a actividades inclusivas nas que pode participar calquera persoa.

Galería de imaxes

Todas