COGAMI presente na xornada de clausura do programa integrado de emprego do Concello de Ferrol

COGAMI presente na xornada de clausura do programa integrado de emprego do Concello de Ferrol

COGAMI participou na xornada de clausura do Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2022-2023, no que participaron 100 persoas das que o 8% tiñan certificado de discapacidade.

A coordinadora de COGAMI en Ferrol, María Aneiros, participou nunha mesa redonda que tiña como temática `A colaboración con empresas e institucións: que nos aportamos?´ Dende COGAMI destacouse a importancia de realizar unha análise profunda da realidade das persoas ás que se atende dende cada entidade pero, sen deixar de lado o traballo en rede e a colaboración mutua, non só entre as entidades senón tamén entre entidades e empresas.

“As vías de colaboración establecidas tanto coa área de Emprego do Concello de Ferrol como co Programa Integrado de Emprego, supón para nós dar un paso máis na inclusión das persoas con discapacidade e, sen lugar a dúbidas, na xeración de valor compartido”, explicaba María Aneiros durante a súa intervención.