COGAMI reivindica máis seguridade, coordinación e inclusión na atención sanitaria ás persoas con discapacidade orgánica

O 17 de setembro conmemórase o Día Mundial da Seguridade do Paciente, unha efeméride que dende COGAMI e a súa Comisión Sociosanitaria aproveitan para sensibilizar, visibilizar e reivindicar dereitos das persoas con discapacidade orgánica.

As sesenta asociacións que integran o movemento asociativo de COGAMI reivindican máis coordinación sociosanitaria, máis investigación inclusiva tendo en conta ás mulleres, máis seguridade nos tratamentos para persoas con discapacidade e unha atención máis humana e accesible.

Baixo o lema “Saúde: ciencia e conciencia”, COGAMI e a súa Comisión Sociosanitaria lanzan unha campaña a través das redes sociais para visibilizar as necesidades e demandas das persoas con enfermidades crónicas, discapacidade e outras condicións de saúde. Ademais, a través desta campaña, a entidade traslada unha serie de reivindicacións concretas dirixidas á Administración pública, á industria farmacéutica e ás persoas investigadoras.

Á Administración pública

  • Maior coordinación entre profesionais e especialidades sanitarias, de xeito que sexa a información a que se traslade dun departamento sanitario a outro, e non a/o paciente.
  • Unha atención sanitaria máis humana, accesible e centrada nas persoas.
  • Seguridade nos procesos e tratamentos sanitarios para as persoas con discapacidade, adaptando protocolos, probas e coidados ás súas circunstancias específicas para evitar posibles erros e riscos.

Á industria farmacéutica

  • Acceso a tratamentos eficaces para as enfermidades crónicas.
  • Compromiso coa seguridade dos procesos e tratamentos dirixidos a persoas con discapacidade, garantindo que o seu deseño e desenvolvemento teña en conta as súas necesidades específicas.

Ás persoas investigadoras

  • Máis investigación en enfermidades raras e de baixa prevalencia, para garantir un mellor futuro ás persoas que as teñen.
  • Investigación que inclúa á muller de xeito real e representativo nos estudos e ensaios clínicos, evitando o nesgo de xénero que historicamente afectou ao coñecemento científico e ao deseño de tratamentos.

Porque a saúde é un dereito, non unha carreira de obstáculos. Cada paciente conta e cada voz, importa.

Entidades de COGAMI da Comisión Sociosanitaria

   AUTONÓMICAS

  AGADHEMO - Asociación Galega de Hemofilia

  ACADAR – Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade

  AGFQ – Asociación Galega de Fibrose Quística

  ASOTRAME – Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea

  ASEM Galicia - Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares

  AGL - Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas

   PROVINCIA A CORUÑA                       

  CONARTRITIS - Delegación da Coordinadora Nacional de Artrite

  ACEM Coruña -  Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple

  ACEM Santiago -  Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

  ALCER Coruña - Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril da Coruña

  LIREGA - Liga Reumatolóxica Galega

  PARKINSON Coruña -  Asociación PARKINSON Galicia-Coruña

  PARKINSON Ferrol - Asociación Parkinson Ferrol

  AGAPA -  Asociación Galega de Persoas Amputadas

  AEPEF - Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar

  ACCU Coruña - Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa da provincia de A Coruña

  UGADE - Unión Galega de Epilepsia

   PROVINCIA LUGO

  ALCER Lugo -  Asociación para a Loita contra as Enfermedades Renais de Lugo

  ALUCEM - Asociación Lucense de Escleroe Múltiple

   PROVINCIA OURENSE

  AGAL - Asociación Galega de Lupus de Ourense

  ALCER Ourense - Asociación para a loita contra as enfermidades renais de Ourense

  ACCU Ourense - Asociación de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense

  HEMOURENSE - Asociación Ourensana de Hemofilia

  AFFOU - Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense

  ASDIFICA - Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica Do Carballiño e Comarca

  AODEMPER - Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras

   PROVINCIA PONTEVEDRA

  AVIDEPO - Asociación Viguesa de Espondilíticos de Pontevedra

  ALCER Pontevedra - Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril

  AVEMPO - Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra

  ASEARPO - Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra

  ACCU Vigo - Asociación de enfermos de Crohn e Colitis Ulcerosa de Vigo

Galería de imaxes

Todas