COGAMI renova convenio coa Consellería de Sanidade para o programa de apoio para a recuperación integral

O acordo aprobouse no Consello da Xunta que autoriza 164.000 euros para a financiación de programas que favorecen a autonomía de persoas con patoloxías crónicas.

O Consello da Xunta acordou, na pasada xuntanza do 8 de setembro, a autorización da renovación do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e COGAMI, para o desenvolvemento dun programa de apoio destinado á recuperación integral das persoas con discapacidade orgánica. Este programa ofrece tratamentos e técnicas axeitadas para cada patoloxía e persoa en función do grao de afectación e evolución da enfermidade. As intervencións serán levadas  acabo na contorna das persoas, tanto nos centros de atención como nos domicilios, co obxectivo de mellorar a súa autonomía e previr situacións de dependencia.

Cun importe de 164.000,00€, as actividades que se van desenvolver serán apoio, orientación e formación sobre patoloxías, diagnósticos, tratamento e opcións terapéuticas  Serán as entidades que forman parte da Comisión Sociosanitaria de COGAMI as realizarán as intervencións a través dun equipo profesional multidiscilplinar.

Galería de imaxes

Todas