COGAMI, unhas das entidades representativas da discapacidade asinantes do novo concerto social de xestión de prazas

O Presidente da Xunta, a Conselleira de Política Social e as presidencias das entidades sociais representativas da discapacidade que xestionan prazas de atención diúrna, ocupacionais, de respiro familiar ou de residencia, como é o caso de COGAMI, asinaron este acordo para aplicar o concerto social.

Demandado dende hai anos por parte das entidades representativas da discapacidade, tras esta sinatura, o novo acordo permite pasar dunha modalidade de contrato, o utilizado ata o de agora, a unha modalidade de concerto social, o que supón uns beneficios como os seguintes:

Vantaxes do concerto social

  • Evita desprazamentos de longa distancia ás persoas con discapacidade para acceder a unha praza pública.  
  • Incrementa un 25% o investimento.
  • Aumento do importe do prezo/praza dos servizos garantindo e consolidando a continuidade destes recursos públicos especializados.
  • A Administración autonómica asumirá as subidas salariais de profesionais que atenden estes servizos.
  • A Xunta facilitará maior estabilidade xurídica e económica ás entidades que prestan esta atención, como COGAMI e entidades membro, que xestionan prazas de diúrna ocupacional, de respiro familiar e residencial.

Este acordo supón pechar unha das principais reivindicacións do colectivo de persoas con discapacidade de Galicia destes últimos anos. Para levalo a cabo, dende a Xunta anunciaron que van destinar 100 millóns de euros ao ano ao mantemento de máis de 5.000 prazas a través do concerto social.

Galería de imaxes

Todas