Como podo acceder a unha residencia de maiores? Título da charla informativa impartida na residencia de maiores de Arteixo

Como podo acceder a unha residencia de maiores? Título da charla informativa impartida na residencia de maiores de Arteixo

Como accedo a unha residencia? é o título da charla impartida no centro de día e residencial de Arteixo que pertence á rede de centros de atención de maiores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia e que xestiona a UTE COGAMI-SIAD24-COMBINA.

Este centro residencial acolleu a charla informativa que ofreceu a traballadora social, Clara Méndez, na que deu conta dos pasos que se deben seguir para poder solicitar praza nunha residencia de maiores, os requisitos que se deben cumprir ou como se realizan as xestións de acceso, entre outros.

A finalidade desta charla foi a de poñer en valor as opcións que ten unha persoa en situación de dependencia, sendo a atención residencial un servizo de carácter permanente que ofrece unha atención personalizada, integral e continuada dende un enforque biopsicosocial, a fin de promover a calidade de vida das persoas usuarias.

Esta charla estivo aberta a calquera veciña e veciño que amosase interese e reservara praza chamando ao centro. Asistiron un total de 25 persoas, completando o aforo, o que reforza a premisa de que a atención residencial é unha necesidade e unha opción da sociedade actual