Día do Doante de Órganos, as catro entidades provinciais de ALCER suman esforzos para sensibilizar sobre a doazón


O primeiro mércores de xuño conmemórase o Día Nacional de Transplante de Órganos e Tecidos, unha data para homenaxear ás persoas doantes e ás súas familias pola súa xenerosidade e tamén para concienciar á sociedade sobre a necesidade de manter este compromiso altruísta.

Esta data é especial para as entidades que conforman Alcer porque celebran o 50 aniversario do nacemento deste movemento que naceu para reivindicar e garantir dereitos para todas as persoas que teñen enfermidade renal crónica.

Dende Alcer apuntan que a doazón de órganos é “o maior acto de amor e civismo que existe, que ofrece unha segunda oportunidade de vida”.

Cifras históricas

Segundo a Organización Nacional de Transplantes (ONT), o 63 % dos 6.335 transplantes de órganos realizados en España o ano pasado foron renais; e en Galicia dos 429 transplantes realizados, o 53 % foron de ril.

Malia que estas cifras sitúan a España moi por riba do resto dos países europeos, dende as entidades Alcer piden non baixar a garda porque “a necesidade segue sendo urxente”, segundo apuntan. Hai máis de 5.000 persoas en lista de espera, 266 galegas, agardando o momento de poderen ser transplantadas.

Galería de imaxes

Todas