O 17 de abril conmemórase o Día Mundial da Hemofilia. Dende a Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) levaron a cabo unha campaña de visibilización coa iluminación de edificios públicos para sensibilizar sobre unha doenza que en Galicia supera a cifra de 300 persoas afectadas, 3.000 no Estado Español.
Os Concellos que colaboran con esta campaña tralo solpor foron:
A Coruña iluminou de vermello a Fonte de Catro Camiños.
Santiago de Compostela, o Pazo de Raxoi.
Ferrol, o Pazo Municipal.
Lugo, a Casa Consistorial.
Ourense, a Ponte Romana.
Pontevedra, o Pazo Provincial.
Vigo, as Fontes da Rúa Aragón, o edificio administrativo da Xunta de Galicia e a escultura O Titán do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Tomiño, o edificio do Concello.
AGADHEMO pide tamén a colaboración de toda a cidadanía para que difundan nas súas redes sociais tanto fotos cos edificios públicos tinguidos de vermello como tamén ataviados con algunha prenda de vestir vermella utilizando os hashtags #diamundialhemofilia #whd2024 e mencionando a entidade @agadhemo.
Para máis información, poden contactar no teléfono 661 558 420 ou consultar a web www.hemofiliagalicia.com