Éxito de participación no programa `Ponte en forma´ que desenvolve a Federación COGAMI Pontevedra

Éxito de participación no programa `Ponte en forma´ que desenvolve a Federación COGAMI Pontevedra

Podes descargar a nota en word

A Federación COGAMI Pontevedra está a desenvolver o programa `Ponte en forma´, unha iniciativa multideportiva na que participan oitenta e cinco persoas usuarias dos centros que COGAMI ten en Mos, Monteporreiro e Medelo, e tamén das asociacións membro Amizade, Alcer e Asearpo.

Con este proxecto, que conta coa colaboración de ENCE a través do Plan Social Pontevedra 2023, a Federación COGAMI Pontevedra pretende mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas con discapacidade a través da práctica deportiva, co fin de favorecer a súa autonomía persoal e inclusión social.

Entre as actividades que se están a desenvolver nos concellos de Pontevedra e Marín destacan natación; pádel adaptado; sendeirismo e cicloturismo, con roteiros tanto pola zona histórica de Pontevedra como pola contorna do río Lérez; así como multideporte coa práctica de tiro a canasta, partidas de futbolín, petanca, etc.

`Ponte en forma´ procura achegar o deporte a todas as persoas, facendo que a súa práctica sexa adaptada e inclusiva, e promovendo a súa inclusión social e beneficio físico e mental.

Galería de imaxes