Máis dun milleiro de persoas apoiou a XI Carreira Solidaria de AVEMPO ‘Eu móvome pola esclerose múltiple’

Máis dun milleiro de persoas apoiou a XI Carreira Solidaria de AVEMPO ‘Eu móvome pola esclerose múltiple’

A alameda viguesa de Bouzas xuntou a un total de 1.226 persoas que decidiron apoiar a décimo primeira edición da Carreira Solidaria ‘Eu móvome pola esclerose múltiple’ que organiza a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO).

Coincidindo co aniversario da entidade, que cumpre once anos, do total das persoas inscritas para esta carreira, 301 participaron na proba que consistía nun percorrido de 5 quilómetros, 271 persoas participaron na de 10 quilómetros de distancia e 654 persoas escolleron a opción de facer unha andaina.

Ademais dos apoios recibidos pola persoas que se congregaron durante o día da carreira, Eu móvome contou tamén con donativos recibidos a través do ‘Dorsal 0’ solidario, no que colaboraron máis de cen persoas, sumadas ás congregadas no día, forma unha marea solidaria de 1.359 persoas que se uniron á campaña de Avempo.

A entidade quixo trasladar o seu agradecemento a todas as veciñas e veciños de Vigo pola súa implicación e apoio ano tras ano a través das inscricións e doazóns, permitindo a recadación de máis de 13.000 euros. Este orzamento vai ser destinado integramente ao mantemento dos servizos que ofrece a entidade ás persoas con esclerose múltiple e  familias.

Galería de imaxes