O equipo de Atención Temperá da Mancomunidade do Baixo Miño reúne ás familias para explicar o novo modelo de intervención

A sesión centrouse na transformación cara a prácticas recomendadas, cun enfoque na familia e nas contornas naturais da crianza

O Salón de Actos do Concello de Tomiño acolleu unha reunión do equipo de Atención Temperá da Mancomunidade do Baixo Miño coas familias das nenas e nenos que participan neste servizo.

O obxectivo do encontro foi dar a coñecer o proceso de transformación do funcionamento do equipo cara á implantación de prácticas recomendadas. Durante a sesión explicouse o modelo de intervención centrado na familia e nas súas contornas naturais, destacando a evidencia científica que demostra unha maior efectividade deste enfoque. Grazas a este modelo increméntase o número de intervencións, xerando máis oportunidades de aprendizaxe dentro das rutinas cotiás da familia.

O equipo de profesionais salientou que o apoio ofrecido ás familias permite capacitar ás persoas coidadoras habituais, o que repercute directamente na mellora da autonomía das crianzas nas actividades que realizan a diario.

Galería de imaxes

Todas
|
Atención temperá
|
Atención Temperá
|
COGAMI
|
Mancomunidade Baixo Miño
|
Mancomunidade de Baixo Miño