Co fin de acadar unha mellora na autonomía persoal e independencia das súas persoas asociadas, GRUMICO desenvolve un programa de Atención Especializada para Persoas con Discapacidade.
A través deste programa ofrécese servizo de traballo social, fisioterapia, terapia ocupacional, transporte adaptado e tamén apoio psicolóxico, no que se traballa de xeito coordinado nas distintas disciplinas, sempre en continua comunicación coas persoas beneficiarias e baseándose nun modelo de atención centrado na persoa.
Un total de 77 persoas pasaron por este programa de atención especializada que se desenvolve a través dos fondos que chegan do 0,7% do IRPF, de todas aquelas persoas que na declaración da renda marcaron o recadro de actividades de interese social, coñecida como X Solidaria, e que xestiona a Xunta de Galicia.