O servizo de asesoramento xurídico de COGAMI xestionou máis de duascentas consultas e nove denuncias no que vai de ano

O servizo de asesoramento xurídico de COGAMI xestionou máis de duascentas consultas e nove denuncias no que vai de ano

O servizo de asesoramento xurídico de COGAMI recibiu durante este ano 206 consultas relacionadas con servizos dirixidos a persoas con discapacidade, das que o 53% foron remitidas dende concellos situados no ámbito rural. A provincia de A Coruña destaca, con 48 consultas en zonas rurais e 53 urbanas, por ser a provincia con maior demanda deste servizo.

Por provincias, A Coruña lidera o número de consultas remitidas a COGAMI cun total de 101 (48 rurais e 53 urbanas). Segue Pontevedra con 69 consultas (35 rurais e 35 urbanas), Lugo con 19 (14 rurais e 5 urbanas) e Ourense con 17 (12 rurais e 5 urbanas).

En canto ás temáticas máis tratadas nestas intervencións remitidas a COGAM, o certificado e discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual ocupan o primeiro lugar con 43 consultas, seguidas por emprego con 37, prestacións económicas por parte da Administración con 12 e 9 consultas rexistradas foron sobre temas de accesibilidade.

Este servizo que é gratuíto e que conta con profesionais con gradación en Dereito que apoian, informan e asesoran  tanto a persoas con discapacidade como ás familias e entidades, tamén se encargou de xestionar 6 denuncias sobre o retraso na concesión do servizo de atención temperá; o uso de terminoloxía inapropiada en ofertas públicas de emprego para referirse a persoas con discapacidade; a falta de accesibilidade nun concerto, sobre o programa de balnearios e sobre un programa municipal de conciliación.

Para poder levar a cabo este servizo, COGAMI conta co apoio financeiro dos fondos procedentes do 0,7% do IRPF, coñecida pola X Solidaria, que xestiona a Xunta de Galicia, ademais das Deputación de Pontevedra, Ourense e A Coruña.