O veleiro foi incautado ao narcotráfico pola Audiencia Nacional e entregado en garda e custodia a unha entidade de persoas con discapacidade.
Estas obras foron acometidas través dos fondos do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron o recadro para fins sociais e que xestiona a Xunta de Galicia.
COGAMI pon en valor a importancia do traballo das entidades sociosanitarias porque serven de nexo entre a persoa paciente e o sistema sanitario.
A área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI impulsa o proxecto `Activando o rural´ para o empoderamento de mulleres con discapacidade.
A inscrición 100% solidaria ACADAR, ten un custe de 20,95 €, e será integramente destinado a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia
Incautado ao narcotráfico pola Audiencia Nacional, esta embarcación foi adaptada para que as persoas con mobilidade reducida tiveran a oportunidade de poder gozar da navegación a vela.
Ante o inicio do curso escolar, COGAMI reclama que as nenas e nenos con discapacidade en Galicia teñan as mesmas oportunidades educativas que o resto do alumnado.
As obras fináncianse cos fondos do 0,7% do IRPF que xestiona a Xunta, procedentes do recadro 106, ademais da subvención a entidades sen fins de lucro para o investimento en Servizos Sociais da Deputación de A Coruña.
Durante toda a xornada están programadas actividades deportivas, de música, baile e teatro para compartir en familia, ademais de sorteo de agasallos doados por establecementos locais.
Este programa estase a desenvolver nos puntos de atención que COGAMI ten nas cidades de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo.
Dende principios de ano atendeu a 80 mulleres en Galicia para mellorarlles a autonomía, inclusión e empregabilidade.
Este espazo, financiado cos fondos do 0,7% IRPF que xestiona a Xunta de Galicia, ten unha extensión de 2.100 m² destinados a mellorar a saúde física e mental das persoas usuarias a través do contacto consciente coa natureza e actividades hortícolas.