Os presidentes da Deputación de Lugo e COGAMI asinaron convenio que garante unha subvención directa nominativa de 35.000 euros para colaborar nos gastos do centro de atención diúrna de Fingoi durante o 2024.
Máis de 2.000 persoas usuarias de COGAMI e as súas entidades membro serán as beneficiarias destes programas que foron aprobados o ano pasado para desenvolver no actual.
O ámbito rural xerou maior número de consultas, superando en volume ás áreas urbanas, cun total de 109 consultas fronte a 97. A provincia de A Coruña sitúase, co 49% sitúase á cabeza no envío de consultas.
Neste curso, que forma parte do Plan Formativo para o Emprego das persoas traballadoras desempregadas de Galicia, participan 10 persoas dos concellos de Vigo, Gondomar e Nigrán.
O Programa de Voluntariado da Rede de COGAMI, desenvolvido ao longo de 2024, está a reforzar o movemento asociativo e a promover a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou as instalacións que COGAMI ten en Lugo onde confirmou que a subvención vai destinada á contratación de catro profesionais de orientación laboral.
Denominado APDF, engloba un programa de atención a persoas con discapacidade e familias ademais do mantemento de COGAMI e entidades membro.
Desenvolvido a través dos fondos do 0,7% IRPF, este programa, ademais de atender a mulleres con discapacidade en situación de vulnerabilidade, potencia a participación de mulleres na vida política, económica, cultural e social.
Un total de 21 persoas usuarias do centro residencial, acompañadas de tres monitoras, pasaron a mañá compartindo experiencias coas usuarias de Medelo.
A este servizo acoden 141 persoas de luns a venres para mellorar a súa calidade de vida.
A cita gastronómica, que celebra a súa segunda edición, terá lugar o sábado, 3 de agosto, na Horta do Muíño no Concello de Outes con baile e música dende as 12 da mañá ata a madrugada.
Oitenta e cinco persoas usuarias dos centros que COGAMI ten en Mos, Monteporreiro e Medelo, e tamén das asociacións membro Amizade, Alcer e Asearpo, están a participar no programa de actividades deseñado.