Se queres formar parte do noso equipo de traballo, estamos buscando profesionais de diferentes perfís para incorporación inmediata. Se o teu perfil encaixa, esta pode ser a túa oportunidade!
Estas son as ofertas que temos abertas:
Docente para Pontevedra
Buscamos Docente de Capacitación de Módulos Transversais para obradoiros de formación a persoas con discapacidade.
Funcións:
- Prestar apoio ao servizo de Orientación Laboral nun traballo conxunto.
- Impartir obradoiros de busca de emprego, alfabetización dixital e competencias transversais.
Requisitos:
- Titulación Universitaria.
- Permiso de conducir e vehículo propio.
- Experiencia impartindo obradoiros de busca de emprego e alfabetización dixital.
- Persoa orientada ao traballo en equipo, con autonomía, flexible e resolutiva.
Valorarase estar en posesión de certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% ou estar en situación de incapacidade permanente total.
Ofrécese:
- Contrato estable.
- Xornada parcial en horario de mañá.
- Incorporación Inmediata.
- Retribución segundo convenio.
Inscríbete aquí: https://cogami.epreselec.com/Ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=3366492
Orientador/a laboral para Ourense
Imprescindible contar coa baremación da Xunta de Galicia.
Funcións:
- Realizar entrevistas ocupacionais e de clasificación e orientacións laborais analizando as necesidades da persoa.
- Informar e asesorar a persoas participantes, empresas e entidades dos servizos prestados polo servizo de Emprego de COGAMI.
- Facer seguimentos a persoas usuarias, entidades e empresas.
- Xestión de altas e baixas de persoas nas plataformas PEU e SICAS.
- Impartir formación en técnicas de busca de emprego, igualdade de oportunidades...
- Xestión de necesidades de persoal e ofertas de emprego de empresas externas e dos propios centros especiais de emprego de COGAMI Empresarial.
- Elaboración de informes.
- Xestión de prácticas prelaborais despois dos cursos de formación e tutorías.
- Facer prospección empresarial en todas aquelas organizacións susceptibles de contratar a persoas usuarias, realizando visitas comerciais e captando as ofertas de traballo que publiquen.
Requisitos imprescindibles:
- Titulo Universitario.
- Contar co baremo da Xunta de Galicia.
- Experiencia ou formación en Orientación Laboral.
- Ter dispoñibilidade inmediata de incorporación.
- Permiso de conducir e coche propio.
Valorarase estar en posesión del certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%
Ofrécese:
- Xornada completa
- Horario de luns a venres de 8:00 a 15:00h e dúas tardes de 16 a 18h
- Contrato por substitución IT
- Retribución segundo Convenio Colectivo
Inscríbete aquí: https://cogami.epreselec.com/Ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=3366457
Orientador laboral para Lugo

Inscríbete aquí: https://cogami.epreselec.com/Ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=3371032