Un programa de Alcer Coruña beneficia a 160 persoas con enfermidade renal crónica

Co fin de  mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidade renal crónica (ERC), a Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer Coruña) desenvolve o Programa de atención social, asesoramento e intervención II. Un total de 225 persoas da provincia son usuarias deste programa ás que se acompaña nos diferentes ámbitos da vida, de xeito presencial en Ferrol, Narón, A Coruña e Santiago de Compostela.

Cofinanciado cos fondos do 0,7% do IRPF das persoas que marcan a X Solidaria na decalración da renda e que xestiona a Xunta de Galicia, o Programa de atención social, asesoramento e intervención II ofrece intervención social individualizada, fomento da autonomía persoal e participación social ás persoas usuarias, contando para isto cunha Traballadora Social e unha Terapeuta Ocupacional.

A intervención social busca o fomento da autonomía das persoas con enfermidade renal crónica na medida na que son coñecedoras da súa situación, creando habilidades de manexo da enfermidade.

Galería de imaxes

Todas
|
COGAMI
|
ENTIDADES COGAMI