O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, acompañado do membro da Xunta Directiva, Celso Álvarez, acudiu ata o Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra para manter unha xuntanza co seu presidente, Luis López, na que deron a coñecer os servizos que a Confederación ten en marcha na provincia.
Nesta reunión, o Goberno provincial expresou como "obxectivo irrenunciable acadar unha inclusión social plena por parte das personas con discapacidade", polo que ademais de facer un balance das actividades e das accións de colaboración previstas para este ano, ambos organismos estudaron a posibilidade de abrir novas vías de colaboración conxunta.
A Deputación de Pontevedra e COGAMI manteñen unha estreita relación de colaboración no fomento da inclusión das mulleres con discapacidade no medio rural, do servizo de intermediación laboral e na atención integral das persoas con discapacidade da provincia.