Primeiro encontro de representantes de COGAMI coas concelleiras de Emprego e Accesibilidade do municipio de Viveiro para colaborar nun Plan de Accesibilidade para este concello da Mariña lucense.
Na xuntanza, por parte de COGAMI estiveron presentes o vicepresidente, Ramón Sestayo, o secretario, Víctor Silva, o presidente da Federación COGAMI Lugo, José Luis Lolo, o coordinador da área de Accesibilidade, Álvaro García e mailo técnico, Diego Piñeiro. Por parte do Concello asistiron Míriam Bermúdez, concelleira de Accesibilidade e primeira tenente de alcaldesa, e Iria Cotelo, concelleira de Emprego.
O obxectivo desta xuntanza, segundo explicou a Concelleira de Accesibilidade, é "facer de Viveiro un lugar accesible e cómodo para todas as persoas". Temos moito interese en elaborar este I Plan de Accesibilidade para Viveiro, e COGAMI conta cun departamento nesta área encargado de realizar estes proxectos, que son vitais para a eliminación de barreiras no municipio".
Aproveitando esta xuntanza, dende COGAMI se lle presentaron máis servizos que presta a Organización a favor da igualdade de oportunidades, como a contratación reservada que, segundo destacou a Concelleira de Emprego "mostramos interese en coñecer o procedemento para que o Concello poida realizar a contratación reservada de persoas con discapacidade, xa que para nós é importante usar todas as ferramentas que existen para garantir a igualdade de oportunidades.