• Novas
  • 16 de junio de 2023

16 de xuño: Día da Atención Temperá

16 de xuño: Día da Atención Temperá

As profesionais do servizo de Atención Temperá que xestiona COGAMI na Comunidade Intermunicipal de Baixo Miño e nos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Sada e Arteixo únense nesta data de 16 de marzo para conmemorar o Día da Atención Temperá, unha efeméride que iniciou hai cinco anos para celebrar e reivindicar.

Nun manifesto remitido pola Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá apuntan que celebran o incremento na rede de atención temperá e, ao mesmo tempo, reivindican que esta rede ten que chegar a máis menores e familias que necesitan deste servizo imprescindible para o seu desenvolvemento e non o reciben.

Existe preocupación pola fraxilidade da saúde mental da infancia, da xente nova, familias e poboación  en xeral, co que reivindican a atención temperá como saúde física, mental e social. Polo tanto, dende o manifesto pídese coordinar os servizos de desenvolvemento infantil e atención temperá cos sanitarios, sociais e escolas infantís.

       

#DíaAtenciónTemprana #AhoraMásTemprana #AtenciónTempranaSaludMenta