• Novas
  • 07 de agosto de 2023

A asociación AGORA incrementa a flota de vehículos de transporte adaptado coa adquisición dun modelo híbrido

A asociación AGORA incrementa a flota de vehículos de transporte adaptado coa adquisición dun modelo híbrido

A asociación AGORA de Persoas con Discapacidade de Monforte de Lemos, entidade que forma parte de COGAMI, dispón dun novo vehículo adaptado que se suma á flota de transporte que ten a entidade para trasladar ás persoas usuarias do seu centro de día e ocupacional, permitíndolles acudir aos talleres ademais de recibir as súas terapias.

Subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude a través dos fondos Next Generation da Unión Europea dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o vehículo conta con 9 prazas das que 4 están adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Outra das características é que se trata dun medio de transporte híbrido, supoñendo, ademais dun importante aforro en combustible, unha  resposta ao compromiso que a entidade ten no proceso de redución da pegada de carbono.

Con esta nova incorporación, a entidade seguirá atendendo as demandas de transporte que se precisan para trasladar ás persoas usuarias ata as actividades que desenvolven no centro de día para persoas con discapacidade física e tamén ao centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual.