• Novas
  • 11 de marzo de 2019

A presidenta de ACADAR, unha das homenaxeadas no acto `Innovación, talento e futuro. Mulleres pedindo paso´

A presidenta de ACADAR, unha das homenaxeadas no acto `Innovación, talento e futuro. Mulleres pedindo paso´


Parte da xunta directiva e do equipo técnico da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) quixo acompañar á súa presidenta, Mónica Álvarez San Primitivo, durante a intervención que realizou no acto `Innovación, talento e futuro. Mulleres pedindo paso´, organizado na Cidade da Cultura co motivo do Día internacional da Muller.

Este acto, organizado pola Xunta, serviu para resaltar o labor de nove mulleres que destacaron no campo que representan, sendo Mónica Álvarez a voz das mulleres con discapacidade que, segundo dixo que “necesitamos un presente no que todo o mundo teña as mesmas oportunidades, necesitamos garantir que as mulleres con discapacidade poidan estar representadas en todas as esferas da sociedade e para iso necesitamos que se empoderen".

Este acto, que estivo presidido polo Presidente da Xunta, resaltou que as oito mulleres que distingue Galicia forman parte dunha normalidade derivada do triunfo dos valores da igualdade. Ademais de Mónica Álvarez, as outras mulleres homenaxeadas foron a restauradora cunha estrela Michelín Lucía Freitas, a creadora da empresa de produtos lácteos Kalekoi Susana Aguirre, a cantante Lucía Pérez, a cofundadora da empresa de tecnoloxía TasteLab Maruxa Quiroga, a sumiller Mónica Fernández, a deportista Susana Rodríguez.