• Novas
  • 30 de mayo de 2023

ACCU Ourense atenderá a 90 persoas a través do programa de atención social, asesoramento e intervención especializada

ACCU Ourense atenderá a 90 persoas a través do programa de atención social, asesoramento e intervención especializada

Continúan durante este ano as actividades que a asociación ACCU Ourense desenvolve a través do programa de Atención Social, Asesoramento e Intervención Especializada I, implementando as actuacións directas de atención social, abordaxe integral e apoio á autonomía persoal e vida independente.

Un total de 90 persoas afectadas de crohn e colite ulcerosa beneficiaranse deste programa a través do que se realizan intervencións profesionalizadas de ámbito social e sanitario, así como intervención social, apoio persoal, acompañamento, atención á autonomía, tarxeta aparcadoiro, Acceso ACCU, baños adaptados para persoas ostomizadas, Eiiducando, integración laboral e sensibilización, concienciación e visibilización das EII.

Este servizo está financiado a través da subvención procedente do 0,7% do IRPF daquelas persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de interese social, coñecido como X Solidaria, e que xestiona a Xunta.