A Asociación de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense (ACCU Ourense) foi un dos once colectivos e profesionais que resultaron premiados polo seu traballo a favor de pacientes con enfermidades raras na entrega do Premio Referente que outorga a asociación Anasbabi Ciliopatías.
Este recoñecemento pon en valor o compromiso de profesionais do sector sociosanitario, empresas e institucións para visibilizar as enfermidades raras, polo traballo que desenvolven para ofrecer a pacientes e familias a atención que precisan.
O presidente de ACCU Ourense, Fernando Jiménez Zulliani, foi o encargado de recoller o Premio Referente dentro da categoría de asociación de pacientes. Creada en el 2005, esta entidade naceu para dar resposta ás demandas das persoas que teñen a enfermidade de Crohn e colite ulcerosa na provincia. Este premio recoñece o labor desta entidade por dar cobertura social, laboral e emocional a familias, visibilizando ante a administración e a sociedade estas patoloxías.