• Novas
  • 03 de mayo de 2023

Alcer Ourense atendeu a trinta persoas con enfermidade renal a través da X Solidaria

Alcer Ourense atendeu a trinta persoas con enfermidade renal a través da X Solidaria

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais de Ourense (ALCER) desenvolve o programa de Atención Social e Asesoramento Especializado II a través do que ofrece información e asesoramento a persoas con enfermidade renal en estadios iniciais da enfermidade como a persoas en estadios máis avanzados xa en tratamento renal substitutivo, ademais de familiares.

Unha profesional de traballo social é a que se encarga de atender este servizo que se realiza durante todo o ano e que, durante o primeiro trimestre, contou coa atención de 30 persoas da provincia de Ourense, tanto de forma presencial na sede como de forma telemática.

Este programa é posible a través dos fondos que lle chegan da declaración da renda e que xestiona a Xunta, daquelas persoas que marcaron o recadro 106 de Actividades de interese social, a coñecida por X Solidaria, que permite a que entidades como Alcer Ourense poidan desenvolver un traballo en beneficio das persoas que representa.