• Novas
  • 24 de octubre de 2023

AODEMPER organiza o seu plan de actividades para o terceiro trimestre de ano

AODEMPER organiza o seu plan de actividades para o terceiro trimestre de ano

O salón de actos que a entidade Aixiña ten en Ourense vai ser o punto de encontro para a realización das actividades, obradoiros e xornadas que ten programadas a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER) durante este último trimestre de ano.

Unha das primeiras actividades está enmarcada no programa de psicoloxía clínica que acollerá un Grupo de Axuda Mutua, dirixido a persoas con esclerose múltiple, párkinson e enfermidades raras asociadas á entidade que se desenvolverá todos os mércores en horario de 11:30 a 13 horas.

Dentro do programa de educación social vaise desenvolver un taller de teatro todos os mércores en horario de tarde, de 16:30 a 18:30 horas. Outras das actividades que se vai impartir é unha xornada informativa sobre o certificado electrónico, durante os luns do mes de outubro en horario de 12 a 13 horas.

Para rematar a axenda de actividades de AODEMPER, organizan o mes dos meses de novembro e decembro, en horario de 11:30 a 13 horas, un obradoiro que leva por nome Juégatela.

Galería de imaxes