• Novas
  • 12 de marzo de 2019

Basquet Coruña colabora con Alcer na difusión da enfermidade renal crónica

Basquet Coruña colabora con Alcer na difusión da enfermidade renal crónica

O 14 de marzo conmemórase a nivel mundial o Día do Ril co obxectivo de concienciar acerca da cantidade grande de persoas en todo o mundo, e que vai en aumento, que ten enfermidade renal.

Baixo o lema `Saúde renal para calquera persoa en calquera lugar do mundo´, Alcer Coruña únese á campaña de difusión sobre a prevención da enfermidade renal crónica.

Unha das actividades de sensibilización e concienciación que se levan a cabo é conxunta con Basquet Coruña, quen lle ofreceu a Alcer a posibilidade de poñer unha mesa informativa no partido que celebrado durante a fin de semana no Palacio de Deportes de Riazor, no que se enfrontaron o Leyma Coruña contra Río Ourense Termal. 

Alcer Coruña tivo a oportunidade de informarlle ás persoas asistentes ao partido sobre os factores de risco da enfermidade renal crónica e do axeitado coidado dos nosos riles.