• Novas
  • 02 de octubre de 2023

COGAMI busca alumnado en Ferrolterra para curso que iniciará a mediados de outubro

COGAMI busca alumnado en Ferrolterra para curso que iniciará a mediados de outubro

COGAMI inicia un curso de Actividades administrativas na relación co cliente nas instalacións que ten en Ferrol (rúa Sánchez Calviño, nº 56-58) a mediados do mes de outubro, en horario 9 a 14 horas.  


O curso é gratuíto, sendo necesario para reservar praza ser maior de idade, ter o certificado de discapacidade como mínimo dun 33% ou dispoñer dunha incapacidade laboral para profesión habitual que concede a Seguridade Social. Ao completar esta formación que consta de 818 horas lectivas, das que 120 horas serán realizadas como prácticas en empresas da zona, obterase un certificado acreditativo nivel 2.

O curso conta con 15 prazas, e ten como saídas profesionais poder traballar como recepcionista-telefonista, desenvolver traballo administrativo con tarefas de atención cara ao público, así como ser auxiliar de control e información.

As persoas interesadas poden contactar con COGAMI no teléfono 981 325 568 ou enviar un correo electrónico a silferrol@cogami.gal.

Esta formación está recollida no Plan Formativo para o Emprego das persoas traballadoras desempregadas de Galicia para o período 2021-2023, denominado como AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) que financia a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o Ministerio de Educación e Formación Profesional.