Oito mulleres de A Coruña e Arteixo, inscritas na bolsa de emprego de COGAMI, asistiron a unha formación impartida por Mulleres Colleiteiras, unha cooperativa de mulleres en situación de exclusión social que traballa a recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado.
Impartida nas instalacións de COGAMI en A Coruña, nesta formación tratáronse temas como o cooperativismo, o autoemprego, a economía circular e os proxectos sociais. A iniciativa que leva a cabo Mulleres Colleiteiras cumpre cunha tripla función que beneficia a creación de postos de traballo de mulleres, o coidado do medio ambiente ao recoller un recurso enerxético e evitando o seu verquido, ademais de cumprir cun compromiso de desenvolvemento e implantación dun sistema de sostibilidade.
Esta formación, que tivo unha duración de dúas horas, impartiuse para informar sobre iniciativas que poder ser o medio para incorporarse ao autoemprego, ao mesmo tempo que se ofrece unha proposta ao problema dos verquidos de aceite das cociñas e ao aproveitamento dun recursos.