• Novas
  • 11 de mayo de 2023

COGAMI finaliza con entrega de diplomas o curso de acompañante de transporte impartido en Silleda

COGAMI finaliza con entrega de diplomas o curso de acompañante de transporte impartido en Silleda

COGAMI fixo entrega dos diplomas ás 13 persoas que se formaron no curso de Acompañante de transporte impartido na Casa da Xuventude de Silleda e que todas elas remataron satisfactoriamente.

Para recibir esta acreditación, tiveron que superar as 55 horas lectivas, das que 25 foron teóricas. O resto, as 30 restantes, foron horas de prácticas realizadas en empresas da zona de residencia habitual do alumnado, coa finalidade de facilitar o contacto co tecido empresarial da zona durante a busca de emprego e, polo tanto, a súa inserción laboral. Precisamente, unha das persoas do curso iniciou a traballar na empresa na que realizou as súas prácticas.

Este curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE) e que iniciou COGAMI 
no ano 2017 co fin de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra.

 As 13 persoas formadas, todas elas con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual, proceden dos concellos de Silleda, Lalín e A Estrada e todas tiñan idades comprendidas entre 25 e os 63 anos.