• Novas
  • 08 de mayo de 2023

COGAMI, unha das trinta entidades reunidas no foro social da Coruña para abordar temas que lle afectan á cidadanía

COGAMI, unha das trinta entidades reunidas no foro social da Coruña para abordar temas que lle afectan á cidadanía

O IV Foro de Entidades e Grupos Sociais de A Coruña xuntou a máis de trinta entidades e grupos sociais da cidade, entre as que estivo presente COGAMI, para intercambiar ideas e propostas para mellorar os servizos dentro do Terceiro Sector local.  

Un documento conxunto con propostas concretas a modo de radiografía das necesidades actuais foi presentado aos diferentes grupos políticos da cidade, para que puideran ser recollidas dentro das súas propostas electorais municipais que se van celebrar neste mes de maio.

Algúns dos temas que recolle este foro están relacionados coa vivenda social, a optimización de trámites de subvencións e convenios, a mellora da accesibilidade, a organización dunha Coruña solidaria, a creación dun espazo que lle dea visibilidade a todo o tecido asociativo da cidade e a contratación de máis persoal de traballo social no concello.  

Co fin de ser máis eficientes no servizo que prestan á cidadanía, as entidades do foro teñen como reto común facer rede e compartir propostas, servizos e infraestruturas, para optimizar recursos públicos e privados.

O Foro representa a diferentes colectivos como persoas migrantes e minorías étnicas, sen fogar, comunidade LGTBIQA+, saúde mental, discapacidade y enfermidades, cooperación internacional, acollemento de menores e inclusión social, entre outros, podendo ser unha folla de ruta  par aos representantes da política.